lunes, 28 de mayo de 2012

TRENO ás vítimas de Hiroshima, de Krzysztof Penderecki

Cara a finais de xaneiro fixemos en 6º curso unha audición a ollos pechados (sen coñecer nin o título da obra, nin o compositor nin por suposto o tema). Tivemos que estar atentos a dúas cousas, fundamentalmente. Primeiro ás emocións ou sentimentos que nos provocaban os sons da obra. Máis ou menos estas foron as descricións:
 E logo tivemos que intentar descubrir as fontes sonoras de onde proviñan os sons. Se queredes descubrilo  vós tamén podedes intentalo mentres mirades o seguinte vídeo dunha segunda audición activa, onde ademáis hai que transformar o son en imaxe con lapis, a ollos pechados.
A maioría pensou que había membranófonos, idiófonos, electrófonos...
Pero grande foi a sorpresa cando miraron o concerto en directo e souberon que estaba escrito para 52 instrumentos de ¡¡¡CORDA!!! Por certo, o que dirixe é nin máis nin menos que o propio Penderecki.  O tema é o pranto (que é o que quere dicir a palabra TRENO) pola bomba atómica tirada en Hiroshima e Nagasaki e as súan consecuencias. Evidentemente o compositor soubo transmitir a emoción que o inspirou. Outra cousa era opinar se esta música era improvisada ou estaba todo escrito polo máis miúdo. Entón atoparedes a resposta no seguinte vídeo onde se escoita a peza mentres vai pasando a partitura.

viernes, 18 de mayo de 2012

MÚSICA DO RENACEMENTO

Nos sextos cursos do Santo Paio experimentamos a estética e as técnicas do renacemento dende varias disciplinas artísticas. En música interpretamos unha danza renacentista cun "CONSORT" de frautas de bico acompañadas por guitarra (non temos vihuela, que é a guitarra do Renacemento), percusión e o clave do noso sintetizador de aula. Aprendemos así unha das características musicais do Renacemento que é o gusto por tocar en Familias Instrumentais. Ademáis da máis habitual frauta SOPRANO, tamén tocamos unha SOPRANINO, unha CONTRALTO e dúas TENORES.
Algúns tiveron que facer verdadeiro esforzo por elongar os dedos, pero pagou a pena. Mirade se non...