lunes, 28 de mayo de 2012

TRENO ás vítimas de Hiroshima, de Krzysztof Penderecki

Cara a finais de xaneiro fixemos en 6º curso unha audición a ollos pechados (sen coñecer nin o título da obra, nin o compositor nin por suposto o tema). Tivemos que estar atentos a dúas cousas, fundamentalmente. Primeiro ás emocións ou sentimentos que nos provocaban os sons da obra. Máis ou menos estas foron as descricións:
 E logo tivemos que intentar descubrir as fontes sonoras de onde proviñan os sons. Se queredes descubrilo  vós tamén podedes intentalo mentres mirades o seguinte vídeo dunha segunda audición activa, onde ademáis hai que transformar o son en imaxe con lapis, a ollos pechados.
A maioría pensou que había membranófonos, idiófonos, electrófonos...
Pero grande foi a sorpresa cando miraron o concerto en directo e souberon que estaba escrito para 52 instrumentos de ¡¡¡CORDA!!! Por certo, o que dirixe é nin máis nin menos que o propio Penderecki.  O tema é o pranto (que é o que quere dicir a palabra TRENO) pola bomba atómica tirada en Hiroshima e Nagasaki e as súan consecuencias. Evidentemente o compositor soubo transmitir a emoción que o inspirou. Outra cousa era opinar se esta música era improvisada ou estaba todo escrito polo máis miúdo. Entón atoparedes a resposta no seguinte vídeo onde se escoita a peza mentres vai pasando a partitura.

viernes, 18 de mayo de 2012

MÚSICA DO RENACEMENTO

Nos sextos cursos do Santo Paio experimentamos a estética e as técnicas do renacemento dende varias disciplinas artísticas. En música interpretamos unha danza renacentista cun "CONSORT" de frautas de bico acompañadas por guitarra (non temos vihuela, que é a guitarra do Renacemento), percusión e o clave do noso sintetizador de aula. Aprendemos así unha das características musicais do Renacemento que é o gusto por tocar en Familias Instrumentais. Ademáis da máis habitual frauta SOPRANO, tamén tocamos unha SOPRANINO, unha CONTRALTO e dúas TENORES.
Algúns tiveron que facer verdadeiro esforzo por elongar os dedos, pero pagou a pena. Mirade se non...

jueves, 26 de abril de 2012

Descubre o que che conto

Aproveitando que este ano é o ano dos CONTOS no Santo Paio, algúns grupos decidimos contar contos tradicionais pero doutro xeito: SEN PALABRAS. Así é como os contamos na biblio, só a través dos sons das cousas que neles suceden. O público tiña que estar atento, caladiño e cos ollos pechados...e ao final descubrir de que conto se trataba.
Se queres intentalo tí tamén...aquí vai un deles.

 E aquí tes este outro.

Se prefires mirar como o fixemos, aquí vai a nosa actuación do primeiro conto na biblio

Tamén fixemos unha actuación especial para @s nen@s de Ed. Infantil. Mirade que listos son e como rápidamente descubren de que conto se trata.

 O segundo conto tamén o contamos na biblio. Aquí vai o vídeo

lunes, 20 de febrero de 2012

INVENTANDO COPLAS

En 5º curso tócanos sempre inventar coplas co tema do ano do cole. Este ano falan de personaxes de conto. A música sobre a que as inventamos é SANTA MARTA, unha popular canción colombiana, porque descubrimos que, inda que musicalmente ten copla e retrouso, resulta que o compositor empregou só unha cuarteta octosílaba de rima par. O que pasa é que entre repeticións e refráns polo medio da copla, parecen dúas. Fixádevos:
"[(SANTA MARTA) TIENE TREN]
PERO NO TIENE TRANVÍA
                SI NO FUERA POR LAS CHICAS caramba
                SANTA MARTA MORIRÍA caramba"

Traballamos por parellas esquecéndonos da música e pensando só en facer cuartetas octosílabas de rima par e cando as tivemos, puxémoslles as repeticións e o refrán e..."VOILÀ".  


martes, 14 de febrero de 2012

Creamos coa frauta

No Santo Paio, @s nen@s de 4º empezamos coa frauta. Logo dos primeiros pasos e cando tivemos aprendida a dixitación dende o DO grave ata o RE agudo, empezamos a improvisar pequenos fragmentos utilizando as notas da escala. Da improvisación á "composición" só hai un pequeno paso e démolo. Con todos eses fragmentos había que facer algo. Por exemplo inventar un retrouso común e facer un RONDÓ. Así o fixemos. Tamén pensamos nun acompañamento para o retrouso, e aproveitando que dúas das compañeiras son violinistas, pedímoslle que o que compuxeran coa frauta o tocasen co violín. Quedounos unha peza moi chula e divertiunos moito tocala. Faltounos inventar un título para a peza. Se vos atrevedes a suxerir algún...




miércoles, 1 de febrero de 2012

¡¡¡MEDO ME DA!!

Este ano no Santo Paio o tema foi "Os Contos". Coincidindo con que no 3º ciclo traballamos os de
medo, inspirámonos nesta emoción para crear pequenos fragmentos sonoros  (en principio só "insrumentais") e tamén producións plásticas. Logo seleccionamos frases das lecturas que estabamos a facer, gravámolas e atopamos o sitio onde incrustalas. Tamén emparellamos cada unha das 26 pistas sonoras cunha imaxe. Se queredes xogar con elas tedes que premer na imaxe e o teclado do ordenador convertirase de súpeto nun "SINTETIZADOR TERRORÍFICO".  Probade!!!
IMPROVISA
Se queredes saber máis cousas de como o fixemos, ver vídeos gravando, fotos, as imaxes orixinais (algunhas animadas), premede 
AQUÍ

martes, 31 de enero de 2012

Danzas de Reis

Este ano, continuando coa idea de facer cada ano unha das catro danzas que executan os Ranchos de Reis, os dous bailaron e tocaron a "DANZA DAS FITAS" (Salvaterra), xeito de danzar con tradición na Europa medieval e extendido hoxe por case toda Latinoamérica.


Tamén o "HUACHITORITO" coa que pedimos o aguinaldo @s de , ten unha danza moi curiosa.

No Sto. Paio pedimos o aguinaldo

Como todos os anos, saímos a pedir o aguinaldo polas clases. Seica este ano as merendas foron boísimas.

Así, os Waters (Ed. Infantil de 4 anos) saíron a pedir o aguinaldo polas clases cantando e tocando:

"Os Reis de Oriente ían en coche"


Os nen@s de tamén saíron. Cantaron e tocaron:
 "Soa Alegre"





En curso eliximos un canto de reis dunha aldea de Boimorto, Pcia da Coruña para pedilo :
"Reices vellos de Brates"




En eliximos a versión chilena do popular villancico andino
"Huachitorito"
 


lunes, 5 de septiembre de 2011

"Salta a Ra...porque quere algo máis"

E finalmente chegou o momento de levar a escena a pequena obra de teatro negro sobre banda sonora (as dúas cousas de creación colectiva). Costoulles moito traballo andar polo pequeno escenario do cole sen tropezar uns con outros. Máis de vinte persoas, a escuras, vestidos de negro... Pero pagou a pena. Mirade se non...

miércoles, 25 de mayo de 2011

BANDA SONORA DO CONTO DA RA

No Santo Paio, o 6º curso creou colectivamene unha historia a partir de sons explorados e gravados por eles mesmos. Unha vez rematada a historia decidimos representarla coa técnica do Teatro Negro, para o cal tivemos que facer unha banda sonora cos elementos sonoros que motivaron á historia, e tamén outros que xurdiron dela.
Estos son os vídeos das tomas dos sons en bruto.
A RA, a nosa protagonista



Tamén producimos mecánicamente os sons da charca onde ela vivía



ata que apareceu un MAIO brillante, precioso...



o río leva ao mar...



e comeza a chover e desátase a tormenta



volve a saír o sol e a nosa RA evapórase...



Ao esvarar por un arco da vella, ¿sabedes onde caiu? Na súa charca...
E volta a empezar...

martes, 17 de mayo de 2011

O MAIO DE LAREDO

Para celebrar a chegada da primavera e do bó tempo, en moitos lugares de Galicia se celebra a festa dos Maios. Concretamente en Redondela, trátase dunha festa moi popular que se celebra por todo o alto cada 1 de maio. Nesta festa constrúense os Maios , verdadeiros monumentos á primavera, e cántanse cancións e coplas satíricas  No CEIP. de Laredo quixemos celebralo tamén  disfrazándonos, facendo o noso propio Maio con cartón, plástico, cartolinas, papel pinocho,..., cantando unha cantiga tradicional do Maio e inventando as nosas propias coplas adicadas a todos os colexios do Concello de Redondela. E para fin de curso, estamos preparando novas copliñas para adicarlle...a todos os mestres/as do colexio de Laredo!!!!

jueves, 12 de mayo de 2011

Celebramos o maio

Ao longo do pasado mes de abril, no CEIP Outeiro das Penas, o alumnado de 6º estivo preparando unha actuación sobre os maios que se celebrou no multiusos da xunqueira xunto coa participación doutros centros do concello de Redondela. A parte disto, algunhas clases do 2º e 3º ciclo estiveron traballando as coplas de maios que nesta ocasión tiveron a súa temática centrada en diferentes aspectos referidoos ao centro. Podedes ver os videos de uns e outros a continuación.









martes, 10 de mayo de 2011

Os cantos de labor

Dado que é unha temática un tanto agochada, os cantos de labor ou tamén chamados de oficios foron un tipo de cantos que realizaban persoas de diferentes profesións con diferentes finalidades como é entreter durante o traballo, para acompasar os movementos de cada traballo ao son da música... Así, o alumnado foi que de representar algún destes cantos cos seus movementos. Aquí vos mostramos o traballo que se fixo no Outeiro das Penas arredor deste tema.

Alumnos de 1ºA representando un canto de labor.


Alumnos de 3ºA representando un canto de labor.


Alumnos de 3ºA representando un canto de labor.


Alumnos de 2ºB representando un canto de labor.


Alumnos de 3ºA representando un canto de labor.


Alumnos de 2ºB representando un canto de labor.


Alumnos de 2ºB representando un canto de labor.


Alumnos de 3ºA representando un canto de labor.


Alumnos de 2ºB representando un canto de labor.


Alumnos de 1ºB representando un canto de labor.

viernes, 15 de abril de 2011

OS OFICIOS: Afiador e Paraugüeiro

No Santo Paio investigamos un pouco sobre este oficio doutros tempos, de menos consumo e máis reutilización. Nin os paraugas nin os coitelos eran de "usar e tirar", e tiñan que durar en condicións moitos anos. Estes artistas en quitar a ferruxe dunha navalla ou cambiar as variñas dos paraugas, ían de aldea en aldea.  Para que se soubese que chegaban tocaban o chifre, un aerófono de madeira feito por eles mesmos. Algúns eran verdadeiros virtuosos. Nós construímos un con palliñas de refresco:



Tamén nos enteramos de que polo visto os máis famosos son de Ourense: "A terra da Chispa". Aprendemos o retrouso da popular pandeirada do Afiador de Fuxan Os Ventos

jueves, 17 de marzo de 2011

OS OFICIOS: OS CANTEIROS

 Antigamente, como non había grúas, nen camións, nen coches,..., os CANTEIROS que traballaban arrancando pedra dos montes, tiñan que carrexar eles as enormes pedras que tallaban. Para iso só contaban coa súa forza e coa de moitos outros compañeiros de oficio.
 Cando tiñan que baixar unha pedra do monte, facíana rodar e empuxábana entre unha morea de persoas. Para aunar as súas forzas e sincronizar os empurróns, cantaban cancións e axeitaban os seus pasos e esforzos ao ritmo das mesmas.
video
  Nós collimos unha destas cancións de Canteiros e a traballamos con distintos xogos rímicos.