lunes, 28 de mayo de 2012

TRENO ás vítimas de Hiroshima, de Krzysztof Penderecki

Cara a finais de xaneiro fixemos en 6º curso unha audición a ollos pechados (sen coñecer nin o título da obra, nin o compositor nin por suposto o tema). Tivemos que estar atentos a dúas cousas, fundamentalmente. Primeiro ás emocións ou sentimentos que nos provocaban os sons da obra. Máis ou menos estas foron as descricións:
 E logo tivemos que intentar descubrir as fontes sonoras de onde proviñan os sons. Se queredes descubrilo  vós tamén podedes intentalo mentres mirades o seguinte vídeo dunha segunda audición activa, onde ademáis hai que transformar o son en imaxe con lapis, a ollos pechados.
A maioría pensou que había membranófonos, idiófonos, electrófonos...
Pero grande foi a sorpresa cando miraron o concerto en directo e souberon que estaba escrito para 52 instrumentos de ¡¡¡CORDA!!! Por certo, o que dirixe é nin máis nin menos que o propio Penderecki.  O tema é o pranto (que é o que quere dicir a palabra TRENO) pola bomba atómica tirada en Hiroshima e Nagasaki e as súan consecuencias. Evidentemente o compositor soubo transmitir a emoción que o inspirou. Outra cousa era opinar se esta música era improvisada ou estaba todo escrito polo máis miúdo. Entón atoparedes a resposta no seguinte vídeo onde se escoita a peza mentres vai pasando a partitura.

viernes, 18 de mayo de 2012

MÚSICA DO RENACEMENTO

Nos sextos cursos do Santo Paio experimentamos a estética e as técnicas do renacemento dende varias disciplinas artísticas. En música interpretamos unha danza renacentista cun "CONSORT" de frautas de bico acompañadas por guitarra (non temos vihuela, que é a guitarra do Renacemento), percusión e o clave do noso sintetizador de aula. Aprendemos así unha das características musicais do Renacemento que é o gusto por tocar en Familias Instrumentais. Ademáis da máis habitual frauta SOPRANO, tamén tocamos unha SOPRANINO, unha CONTRALTO e dúas TENORES.
Algúns tiveron que facer verdadeiro esforzo por elongar os dedos, pero pagou a pena. Mirade se non...

jueves, 26 de abril de 2012

Descubre o que che conto

Aproveitando que este ano é o ano dos CONTOS no Santo Paio, algúns grupos decidimos contar contos tradicionais pero doutro xeito: SEN PALABRAS. Así é como os contamos na biblio, só a través dos sons das cousas que neles suceden. O público tiña que estar atento, caladiño e cos ollos pechados...e ao final descubrir de que conto se trataba.
Se queres intentalo tí tamén...aquí vai un deles.

 E aquí tes este outro.

Se prefires mirar como o fixemos, aquí vai a nosa actuación do primeiro conto na biblio

Tamén fixemos unha actuación especial para @s nen@s de Ed. Infantil. Mirade que listos son e como rápidamente descubren de que conto se trata.

 O segundo conto tamén o contamos na biblio. Aquí vai o vídeo

lunes, 20 de febrero de 2012

INVENTANDO COPLAS

En 5º curso tócanos sempre inventar coplas co tema do ano do cole. Este ano falan de personaxes de conto. A música sobre a que as inventamos é SANTA MARTA, unha popular canción colombiana, porque descubrimos que, inda que musicalmente ten copla e retrouso, resulta que o compositor empregou só unha cuarteta octosílaba de rima par. O que pasa é que entre repeticións e refráns polo medio da copla, parecen dúas. Fixádevos:
"[(SANTA MARTA) TIENE TREN]
PERO NO TIENE TRANVÍA
                SI NO FUERA POR LAS CHICAS caramba
                SANTA MARTA MORIRÍA caramba"

Traballamos por parellas esquecéndonos da música e pensando só en facer cuartetas octosílabas de rima par e cando as tivemos, puxémoslles as repeticións e o refrán e..."VOILÀ".  


martes, 14 de febrero de 2012

Creamos coa frauta

No Santo Paio, @s nen@s de 4º empezamos coa frauta. Logo dos primeiros pasos e cando tivemos aprendida a dixitación dende o DO grave ata o RE agudo, empezamos a improvisar pequenos fragmentos utilizando as notas da escala. Da improvisación á "composición" só hai un pequeno paso e démolo. Con todos eses fragmentos había que facer algo. Por exemplo inventar un retrouso común e facer un RONDÓ. Así o fixemos. Tamén pensamos nun acompañamento para o retrouso, e aproveitando que dúas das compañeiras son violinistas, pedímoslle que o que compuxeran coa frauta o tocasen co violín. Quedounos unha peza moi chula e divertiunos moito tocala. Faltounos inventar un título para a peza. Se vos atrevedes a suxerir algún...




miércoles, 1 de febrero de 2012

¡¡¡MEDO ME DA!!

Este ano no Santo Paio o tema foi "Os Contos". Coincidindo con que no 3º ciclo traballamos os de
medo, inspirámonos nesta emoción para crear pequenos fragmentos sonoros  (en principio só "insrumentais") e tamén producións plásticas. Logo seleccionamos frases das lecturas que estabamos a facer, gravámolas e atopamos o sitio onde incrustalas. Tamén emparellamos cada unha das 26 pistas sonoras cunha imaxe. Se queredes xogar con elas tedes que premer na imaxe e o teclado do ordenador convertirase de súpeto nun "SINTETIZADOR TERRORÍFICO".  Probade!!!
IMPROVISA
Se queredes saber máis cousas de como o fixemos, ver vídeos gravando, fotos, as imaxes orixinais (algunhas animadas), premede 
AQUÍ

martes, 31 de enero de 2012

Danzas de Reis

Este ano, continuando coa idea de facer cada ano unha das catro danzas que executan os Ranchos de Reis, os dous bailaron e tocaron a "DANZA DAS FITAS" (Salvaterra), xeito de danzar con tradición na Europa medieval e extendido hoxe por case toda Latinoamérica.


Tamén o "HUACHITORITO" coa que pedimos o aguinaldo @s de , ten unha danza moi curiosa.

No Sto. Paio pedimos o aguinaldo

Como todos os anos, saímos a pedir o aguinaldo polas clases. Seica este ano as merendas foron boísimas.

Así, os Waters (Ed. Infantil de 4 anos) saíron a pedir o aguinaldo polas clases cantando e tocando:

"Os Reis de Oriente ían en coche"


Os nen@s de tamén saíron. Cantaron e tocaron:
 "Soa Alegre"





En curso eliximos un canto de reis dunha aldea de Boimorto, Pcia da Coruña para pedilo :
"Reices vellos de Brates"




En eliximos a versión chilena do popular villancico andino
"Huachitorito"