jueves, 17 de marzo de 2011

OS OFICIOS: OS CANTEIROS

 Antigamente, como non había grúas, nen camións, nen coches,..., os CANTEIROS que traballaban arrancando pedra dos montes, tiñan que carrexar eles as enormes pedras que tallaban. Para iso só contaban coa súa forza e coa de moitos outros compañeiros de oficio.
 Cando tiñan que baixar unha pedra do monte, facíana rodar e empuxábana entre unha morea de persoas. Para aunar as súas forzas e sincronizar os empurróns, cantaban cancións e axeitaban os seus pasos e esforzos ao ritmo das mesmas.
  Nós collimos unha destas cancións de Canteiros e a traballamos con distintos xogos rímicos.

jueves, 10 de marzo de 2011

GALOS E GALIÑAS

Cos alumnos/as de 1º, collimos un poema de Ana María Fernández e musicámolo. Despois o escenificamos en dous grupos e  así nos quedou