miércoles, 23 de febrero de 2011

"Fabricamos" son de gotas ...con pequenos recipientes de vidro.

No 3º curso do Santo Paio probamos facendo soar bocas de botellas de diferentes tamaños. Conseguimos sons parecidos as gotas de chuvia caendo sobre diferentes obxectos...inda que algúns sons parecíanse moito aos...¡¡¡FOGUETES!!! Escoitade:

jueves, 10 de febrero de 2011

A PRIMAVERA CHEGOU!!!!

Para darlle a benvida á primavera, os alumnos/as de 5º fixeron un musicograma de imaxes da obra de Antonio Vivaldi " A Primavera" ( 1º movemento). Mirade que bonito lles quedou!

miércoles, 2 de febrero de 2011

Interpretamos pezas musicais inspiradas na auga, 6º curso Santo Paio

GOTAS DE LLUVIA
Hugh Shrapnel 

En 6ºA, interpretamos a peza deste compositor contemporáneo. Pode ser interpretada por diferentes fontes sonoras con cinco alturas de son por cada un delas. Tamén existe a posibilidade de elixir placas e traballar con cinco sons da escala, que é o que fixemos.



SEA REFRACTION (fragmento)
Mitchell Peters

En 6ºB, adaptamos a esta obra para marimba inspirada no fluxo das ondas do mar. A obra orixinal é para ser interpretada por un percusionista con catro baquetas. Nós convertémola en peza para catro voces.