martes, 4 de enero de 2011

Danza de Palitroques no Festival de Panxoliñas de Nadal, Santo Paio de Abaixo

Este ano os sextos cursos quixemos aprender unha das catro danzas que adoitan interpretar os Ranchos de Reis: a de Fitas, Castañolas, Arcos e Palitroques.

Neste caso tocamos e danzamos unha Danza de Palitroques recollida polo musicólogo redondelán Casto Sampedro e Folgar no seu "CANCIONERO MUSICAL DE GALICIA".

lunes, 3 de enero de 2011

Cantamos os reis e aguinaldos.

Tendo en conta que os cantos de reis e aguinaldos tiveron moita importancia e repercusión en tempos anteriores, e están tan presentes como agochados no noso entorno, dende o CEIP de Outeiro das Penas de Cesantes quixemos que o alumnado compartira estes cantos polas diferentes clases. Aquí mostramos un pequeno resumo destes cantos. Para ver todos os videos, fai clic aquí.

Os alumnos de E.I. de 5 anos cantando "alerta pastores" aos nenos de 1º A e 1º B.


Os alumnos de 2ºA cantan a canción de "alerta pastores" aos alumnos de 5ºB.

Os alumnos de 3ºA e 3ºB cantan a canción "día de reis" aos alumnos de 6ºA.

Os alumnos de 6ºA  cantan a canción "muxicas no ceo..." aos alumnos de 3ºA.