lunes, 20 de febrero de 2012

INVENTANDO COPLAS

En 5º curso tócanos sempre inventar coplas co tema do ano do cole. Este ano falan de personaxes de conto. A música sobre a que as inventamos é SANTA MARTA, unha popular canción colombiana, porque descubrimos que, inda que musicalmente ten copla e retrouso, resulta que o compositor empregou só unha cuarteta octosílaba de rima par. O que pasa é que entre repeticións e refráns polo medio da copla, parecen dúas. Fixádevos:
"[(SANTA MARTA) TIENE TREN]
PERO NO TIENE TRANVÍA
                SI NO FUERA POR LAS CHICAS caramba
                SANTA MARTA MORIRÍA caramba"

Traballamos por parellas esquecéndonos da música e pensando só en facer cuartetas octosílabas de rima par e cando as tivemos, puxémoslles as repeticións e o refrán e..."VOILÀ".  


martes, 14 de febrero de 2012

Creamos coa frauta

No Santo Paio, @s nen@s de 4º empezamos coa frauta. Logo dos primeiros pasos e cando tivemos aprendida a dixitación dende o DO grave ata o RE agudo, empezamos a improvisar pequenos fragmentos utilizando as notas da escala. Da improvisación á "composición" só hai un pequeno paso e démolo. Con todos eses fragmentos había que facer algo. Por exemplo inventar un retrouso común e facer un RONDÓ. Así o fixemos. Tamén pensamos nun acompañamento para o retrouso, e aproveitando que dúas das compañeiras son violinistas, pedímoslle que o que compuxeran coa frauta o tocasen co violín. Quedounos unha peza moi chula e divertiunos moito tocala. Faltounos inventar un título para a peza. Se vos atrevedes a suxerir algún...




miércoles, 1 de febrero de 2012

¡¡¡MEDO ME DA!!

Este ano no Santo Paio o tema foi "Os Contos". Coincidindo con que no 3º ciclo traballamos os de
medo, inspirámonos nesta emoción para crear pequenos fragmentos sonoros  (en principio só "insrumentais") e tamén producións plásticas. Logo seleccionamos frases das lecturas que estabamos a facer, gravámolas e atopamos o sitio onde incrustalas. Tamén emparellamos cada unha das 26 pistas sonoras cunha imaxe. Se queredes xogar con elas tedes que premer na imaxe e o teclado do ordenador convertirase de súpeto nun "SINTETIZADOR TERRORÍFICO".  Probade!!!
IMPROVISA
Se queredes saber máis cousas de como o fixemos, ver vídeos gravando, fotos, as imaxes orixinais (algunhas animadas), premede 
AQUÍ