viernes, 31 de diciembre de 2010

jueves, 30 de diciembre de 2010

O Apalpador

Coa chegada do Nadal, apareceu polo colexio o Apalpador. Para acollelo, fixémoslle un bosque de árbores construídos con materiais de refugallo. Ademáis, atopamos unha cantiga moi, moi, moi antiga da que só tiñamos a letra, así que tivemos que poñerlle a música. Para iso, cada grupo de alumnos contou  con discos que contiñan músicas tradicionais sen letra, sobre as que tiñan que facer cadrar os versos da CANTIGA DO APALPADOR.
Despois de moitos intentos, eleximos unha e esa foi a que aprendimos e cantamos o día de despedida antes das vacacións de Nadal.

"Antón e o Apalpador" no Santo Paio

En 3º curso limos o conto de Antón e o Apalpador, e o que máis nos chamou a atención foi a diferenza entre a paisaxe sonora da cidade onde vive Antón e a da fraga onde vive a súa madriña Mariña e tamén o apalpadore.
Logo limos as coplas do apalpadore e pareceunos ben poñerlle música de arrolo tradicional. Eliximos entre varias melodías a que máis nos gustou.

miércoles, 29 de diciembre de 2010

Traballamos coa figura do apalpador.

Pois ben, chegou o nadal e aparece a figura do apalpador, un home bonachón de oficio carboeiro que vive nunha devesa un tanto esquecida das montañas do Courel. Tendo en conta a súa historia, os alumnos fixeron diferentes actividades arredor deste persoaxe e sobre algún dos contos que tratan del. Podedes ver un resumo facendo clic en cada video.



Para ver todolos videos sobre as diferentes actividades que se fixeron arredor do apalpador, clicade aquí.

Se queres saber mais sobre o apalpador, bótalle un ollo á recopilación que se fixo dende a biblioteca do CEIP Outeiro das Penas de Cesantes no seu blogue facendo clic aquí.

martes, 28 de diciembre de 2010

Traballamos co apalpador

Para ir abrindo boca sobre o tema do apalpador, aqui vos deixo unha morea de información recollida no blogue da biblio do C.E.I.P. Outeiro das Penas sobre este simpático persoaxe do nadal galego.


  

lunes, 20 de diciembre de 2010

Traballamos coa cantiga de Mendiño.

Tendo en conta o proxecto de centro que xira arredor da illa de San Simón, a chamada "cantiga de Mendiño" foi escollida polo alumnado de 5º e 6º do CEIP Outeiro das Penas para levar a cabo unha improvisación vogal e instrumental en torno a esta cantiga. Podedes descargala facendo clic aquí.

Os alumnos/as de 5ºA experimentan cos instrumentos.




Os alumnos/as de 5ºB tamén experimentan cos instrumentos.




Os alumnos/as de 6ºA van un pouco mais alá na experimentación cos instrumentos.





E por último, o alumnado de 6ºB.


Cantigas de amigo

Dado que Marín Códax foi un xograr galego (probablemente vigués) que compuxo varias cantigas de amigo con certas alusións ao mar de Vigo, os alumnos de 5º e 6º do CEIP Outeiro das Penas de Cesantes estiveron a traballar sobre as cantigas de amigo e especialmente sobre as sete cantigas de Martín Códax. Así, mesturaron estas cantigas co rap como estilo musical e este foi o resultado.



Para ver o resto dos vídeos, fai clic aquí.

domingo, 19 de diciembre de 2010

sábado, 18 de diciembre de 2010

Día da música

Celebranos o DÍA DA MÚSICA cun traballo de investigación sobre os tipos de madeira que se empregan para facer os distintos instrumentos musicais. Chamámoslle MÚSICA DE MADEIRA e démonos conta de que OS BOSQUES, ademáis de todos os beneficios medioambientais que nos aportan, tamén son fundamentais para facer música. Completamos  cunha exposición de instrumentos musicais de madeira de todas as familias aportados polas familias do alumnado.
Por outra banda, os alumnos/as de 6º investigaron ao redor dun instrumento que é, íntegramente, a póla dunha árbore; o DJEDERIDOO. Cada alumno elaborou o seu propio instrumento cun tubo de cartón e pintura, e se expuxeron todos xuntos nos corredores do colexio.
Neste vídeo vese o noso traballo

O tesouro da illa de San Simón

Pois ben, seica hai moito tempo a illa de San Simón servía como refuxio de piratas e corsarios, os cales agocharon un tesouro dentro da illa. Xa que o CEIP Outeiro das Penas está traballando todo o relacionado coa illa de San Simón, o alumnado do centro investigou sobre este tesouro e vaites ti que atoparon unha morea de pistas para atopalo. Estas pistas agrupáronse nunha especie de xogo de números cantado, asi que velaí tendes o resultado. Para descargar a letra pulsa aquí.

Os alumnos de 5ºB dramatizan a canción do tesouro da illa de San Simón.


Os alumnos de 4ºB dramatizan a canción do tesouro da illa de San Simón.


Os alumnos de 4ºA dramatizan a canción do tesouro da illa de San Simón.


Os alumnos de 3ºA dramatizan a canción do tesouro da illa de San Simón.


Os alumnos de 2ºA dramatizan a canción do tesouro da illa de San Simón.

viernes, 17 de diciembre de 2010

O golfiño Gaspar

Gaspar é o golfiño que nos acompaña dende hai varios anos polas augas da ría de Vigo, e como non podía ser doutra forma, o alumnado do CEIP Outeiro das Penas de Cesantes que está realizando un proxecto sobre a illa de San Simón, realizou unha canción en homenaxe a este curioso tipo de cetáceo e este foi o resultado. Para descargar a letra da canción pulsa aquí.

Os alumnos de 5ºB cantan e dramatizan a canción do golfiño Gaspar.


Os alumnos de 2ºB cantan e dramatizan a canción do golfiño Gaspar.


Os alumnos de 2ºA cantan e dramatizan a canción do golfiño Gaspar.



jueves, 16 de diciembre de 2010

No Santo Paio de Abaixo exploramos a AUGA e os seus sons

Así é que en 1º curso probamos con botes de vidro, auga e diferentes obxectos dentro.


En 6º curso tamén exploramos a auga e recollimos sons.



E tamén investigamos con obxectos modificados pola auga.

miércoles, 15 de diciembre de 2010

Era unha castaña...

Con motivo da celebración do magosto, o alumnado do CEIP Outeiro das Penas de Cesantes estivo a facer unha serie de actividades arredor desta festa xa que é unha festa que está moi presente no noso entorno. Así, aproveitando o proxecto de centro deste primeiro trimestre que trata sobre a illa de San Simón, a cal está moi preto do noso centro e aproveitándonos das posibilidades que ofrece esta temática a nivel musical, realizouse unha mestura entre a castaña e a illa de San Simón, e este foi o resultado.

Os alumnos de infantil cantaron e bailaron a canción da castaña que podedes descargar aquí.




Para os de 1º ciclo a cousa non e tan doada, xa que implica maior concentración e coordinación de movementos.



Para o segundo ciclo, a parte de aprender a canción e os seus movementos, o alumnado realizou unha coreografía sobre o espacio.



E finalmente, o alumnado do terceiro ciclo, a parte de aprender a canción e os seu movementos e a coreografía de grupo, tamén realizou unha pequena instrumentación musical en base a un musicograma da canción.


Para ver o resto dos videos doutras clases, fai clic aquí.

sábado, 11 de diciembre de 2010

XOGANDO COAS FOLLAS

   Este  Outono fixemos un traballo multidisciplinar que abranguía  Língua, Plástica, Coñecemento do Medio e Música. Empezamos recollendo, identificando e secando follas de distintas árbores. Ao mesmo tempo, recollimos en cancioneiros, nas casas, en libros,...cantigas, ditos, refráns,...sobre o Outono,  o Magosto, as árbores, etc... Unha vez feito isto, escribimos cada frase nunha folla e a plastificamos. Finalmente, aprenderon as cancións  "O Barrendeiro" e " O Outono xa chegou" e con elas montamos un xogo alternando momentos de reposo e acción. Despois, o día do Magosto, repetimos as cancións co seu xogo-baile nun bosque cheíño de follas caídas... e resultou moi divertido!!!!. O xogo consiste no seguinte; cando cantamos a canción " O Outono" somos árbores soltando as nosas follas secas pouco a pouco; debemos soltalas todas antes de rematar esta parte. Cando empeza a segunda parte "O Barrendeiro", temos que recoller a maior cantidade de follas e convertirnos en árbores xusto antes de que remate a canción.

                                               

viernes, 10 de diciembre de 2010

ESTREAMOS BLOG!!!

Este blogue nace coa intención de mostrar o traballo que facemos catro mestres/as de música arredor dunhas mesmas temáticas. Este traballo serve para darlle sentido ao seminario permanente que temos e que leva por título "a música agochada no entorno". Desta forma tratamos de investigar as posibilidades musicais de diferentes acontecementos, obxetos, situacións... que están ao noso arredor un tanto "agochadas".

Agardamos que vos guste e se pode ser que vos sirva de proveito.